Friday 17 de May de 2024

Un total de 40 centros participan este curso no programa “Cinema con perspectiva”


— O programa ten como obxectivo educar na identificación e tratamento dos estereotipos sexistas presentes nas narrativas audiovisuais

— O alumnado participante tamén poderá crear unha sinxela produción audiovisual con perspectiva de xénero

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de publicar a resolución de centros seleccionados para participar este curso no programa Cinema con perspectiva, desenvolvido en colaboración coa asociación cultural FICBUEU.

O programa, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO, ten como obxectivo educar na identificación e tratamento dos estereotipos sexistas presentes na narrativa do cinema e noutras formas de expresión audiovisual. Así mesmo, o alumnado participante poderá crear un produto (guión, plan de rodaxe, etc.) para pór en escena unha sinxela produción audiovisual con perspectiva de xénero.
A relación de centros seleccionados é a reflectida na seguinte táboa:

Provincia Concello Centro Actividade
Coruña, A Abegondo IES de Viós Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, A Carral IES de Carral Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, A Cerceda CPI Plurilingüe O Cruce Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, A Ferrol IES Canido Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, A Mugardos IES de Mugardos Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, A Neda IES Fernando Esquío Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, A Noia CEIP Felipe de Castro Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, A Oroso CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, A Ponteceso IES Eduardo Pondal Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, A Ribeira CEIP Plurilingüe de Palmeira Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Coruña, A Pontedeume IES Breamo Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
Lugo Lugo IES Sanxillao Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Lugo Mondoñedo IES Plurilingüe San Rosendo Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Lugo Monforte de Lemos CEIP Plurilingüe A Gándara Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Lugo Monterroso IES de Monterroso Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Lugo Sarria IES Xograr Afonso Gómez de Sarria Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Lugo Xove IES Illa de Sarón Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
Ourense Barco de Valdeorras, O IES Lauro Olmo Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
Ourense Maceda IES San Mamede Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Ourense Ourense IES Universidade Laboral Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Ourense Vilar de Barrio CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
Pontevedra Bueu CEIP Plurilingüe A Pedra Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Pontevedra Bueu IES Johan Carballeira Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Pontevedra Cambados IES Ramón Cabanillas Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
Pontevedra Cangas CEIP Plurilingüe de San Roque de Darbo Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Pontevedra Cangas CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
Pontevedra Cerdedo-Cotobade IES de Cotobade Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Pontevedra Gondomar IES Auga da Laxe Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Pontevedra Guarda, A CEIP Manuel Rodríguez Sinde Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Pontevedra Lalín IES Laxeiro Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Pontevedra Neves, As IES Pazo da Mercé Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
Pontevedra Nigrán CEIP da Cruz Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Pontevedra Pontevedra IES Valle-Inclán Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Pontevedra Pontevedra CEIP San Martiño Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
Pontevedra Redondela IES Illa de San Simón Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Pontevedra Redondela CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
Pontevedra Salvaterra de Miño CEIP Plurilingüe de Leirado Obradoiro educativo para a creación dunha produción audiovisual
Pontevedra Tomiño CEIP Pintor Antonio Fernández Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Pontevedra Vigo IES de Beade Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero
Pontevedra Vilanova de Arousa CEIP Plurilingüe de Sestelo-Baión Proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero

O programa desenvolverase ao longo do segundo e terceiro trimestre do curso 2023/24 e divídese en dúas actividades diferentes. A primeira delas consiste na proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero, que ten como base fomentar entre o alumnado a reflexión sobre o papel da muller na sociedade, a violencia de xénero e as desigualdades. Unha vez concluída a proxección desenvolverase un coloquio que será moderado e dirixido por unha persoa experta, que tratará de estimular a capacidade reflexiva e analítica do alumnado sobre os valores e as mensaxes ocultas en materia de igualdade presentes nas filmacións.
A segunda actividade é un obradoiro educativo para a creación dunha sinxela produción audiovisual. En cada centro educativo participante desenvolverase unha produción audiovisual con temática en igualdade de xénero, sexa curtametraxe, anuncio publicitario, vídeo musical, ou entrevista, entre outros formato. O argumento e a posta en escena reflectirán contidos sobre o significado da igualdade e a equidade entre mulleres e homes, os estereotipos e os roles de xénero, ou o empoderamento da muller, desde unha perspectiva didáctica que permita comprender ao alumnado a realidade desta situación desde o enfoque dun proceso social en construción e de cambio positivo.
A iniciativa enmárcase na Estratexia Galega de Convivencia Escolar, que contempla como un dos seus principios a consecución efectiva da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes e na igualdade de trato e non discriminación as persoas en función da súa condición sexual.